ACD Cormorans

Actividades 2025

Primavera

Intentamos xenerar unha comunidade san, coa realizacion de actividades inclusivas

29 Marzo Xunta Ordinaria 20:00

Lugar: Escola de Vela Cabana de Bergantiños

29 Marzo Xunta Ordinaria 20:00

Lugar: Escola de Vela Cabana de Bergantiños

5 Abril Concerto 18:00

L'aula de música (A Laracha) English rocks, Retro tool and Full System (Carballo)
Auditorio municipal de Cabana de Bergantiños

5 Abril Concerto 18:00

L'aula de música (A Laracha) English rocks, Retro tool and Full System (Carballo)
Auditorio municipal de Cabana de Bergantiños

26 Abril Andaina pola via Celtica 10:00

Lugar: Porto de Laxe

26 Abril Andaina pola via Celtica 10:00

Lugar: Porto de Laxe
Lugar: Porto de Laxe

14 de Xuño Recollida de lixo a pé e en kaiak 17:00

Lugar: Praia do Pendon e A Barra

14 de Xuño Recollida de lixo a pé e en kaiak 17:00

Lugar: Praia do Pendon e A Barra
Lugar: Praia do Pendon e A Barra

14 de Agosto Bolboretas Coruña Dragon Boat BCS dende as 13:00

Lugar: Esteiro do Anllóns Cabana de Bergantiños

14 de Agosto Bolboretas Coruña Dragon Boat BCS dende as 13:00

Lugar: Esteiro do Anllóns Cabana de Bergantiños

Sobre nos

Somos unha asociación cultural e deportiva, sen ánimo de lucro, que xurdiu en xuño do 2023 co obxectivo de investigar e divulgar o valor do noso patrimonio natural, cultural..., e aproveitalo para a práctica do deporte e de actividades saudábeis.

Os nosos obxectivos son:

A realización de actividades culturais e deportivas que permitan a integración da nosa contorna para o seu disfrute e dinamización, promocionando a inclusión social de grupos menos favorecidos:

  • Investigación e promoción do noso patrimonio natural, cultural..., favorecendo a participación interxeracional nas nosas actividades, e utilizando a experiencia e o coñecemento dos máis vellos dunha forma lúdica.
  • O “Baile de peóns”, no mes de novembro, e do que no 2025 organizamos a 3ª edición, pode ser un exemplo de integración interxeracional. A realización das actividades en espazos do noso patrimonio, como as carpintarías de ribeira, favorecen a súa promoción e a difusión do seu valor na evolución da nosa sociedade.

  • Creación dunha Escola Náutica, na que, a práctica de deportes náuticos como a vela ou o remo favorezan a inclusión de persoas susceptibles de exclusión social por carencia de recursos, enfermidade ou diversidade funcional, dinamizando o Esteiro do Anllóns de forma sostible.
  • A colaboración con entidades coma a AECC, Mi Princesa Rett, a Asociación Deportiva e Cultural Bolboretas Coruña Dragon Boat BCS, andainas, ecoturismo de conservación e mantemento das nosas praias, cursos de formación sobre seguridade e primeiros auxilios nos deportes náuticos... son outras das actividades que propoñemos aproveitando os valiosos recursos naturais que atopamos na nosa contorna.